domingo, 10 de agosto de 2008

Son un porco...

O outro día sucedeu algo que me fixo pensar. Estaba eu recén levantado, cos calcetíns tirados no chan da miña habitación, cando entrou o meu pai e dixo:

-A ver Keko, recolle esos calcetíns xa! Estás feito un porco!

Despois duns minutos despreguizándome, decidín recoller todo o que tiña tirado no chan. Mentres tanto pensaba no que me dixera o meu pai, e pensaba pra min: “realmente son un porco??”

O final cheguei a conclusión de que sí son un porco, e non porque sexa bastante desordenado e tal (inda que limpo eh??). Se non máis ben por unha cuestión física.
Por que hai algo que moita xente non sabe dos porcos, e é que debido a complexión do seu corpo non poden mirar ó ceo, están sempre mirando ó chan.

Así que é por iso que eu me sinto identificado co porco (sin entrar no detalle de si é pola miña complexión ou non), eu tampouco podo mirar a Lúa ou as estrelas, se non que teño que estar condenado a mirar cara ó chan, cara a merda…

Se índa puidera voar…




No hay comentarios: