domingo, 21 de diciembre de 2008

Adicado a Alexandros Grigoropoulos

Rúa treboenta de escuridades,
no murmurio silencioso
está a rir a noite estrondosa,
cando un lóstrego de arrepío
cae iracundo sobre Alexandros
asolagando a súa mirada
cun pano de sombras e morte.

Horror!

Mais a luz do lóstrego
non tarda en iluminar tamén
a conciencia dos aldraxados
estendendo o nefando andazo
do odio e a xenreira.

Horror!

Entón sucede que caen
os fortes e os febles,
e que tamén choran
os ledos e os tristes,
e comeza a arder
o propio e o alleo.

Horror!

Fume e bágoas en Atenas
por Alexandros Grigoropoulos.

No hay comentarios: