miércoles, 27 de agosto de 2008

As time goes by...




Creo que vai sendo hora de voltar...

Pronto será de día outra vez, outro día de anódina e aburrida soidade...

Mmmm parece que soa outra vez ese jukebox.

Sí, é outra vez esa vella canción que me atormenta.

Trinta anos despois daquela despedida non pasou nin un día en que non pensara nela...

Ilsa, a pequena Ilsa...

Trinta anos de loitas, que deixaron no meu corpo mil feridas de guerra, de mulleres que deixaron na miña alma cicatrices mal curadas, portos, xeados pasos de montaña, desertos abafantes, sanguentas loitas e horoicidades en van...

Todo aquel que coñecín no camiño foi caendo, presa dos combates, da fame, da fatiga...

E agora retorno aquí, a este vello café parisino; vello, cansado, derrotado...

Todo parece moi distinto xa, visto dende a distancia, os antigos soños, a ímpetu da xuventude, o idealismo...

Xa non lembro en cantos países loitei, nin sequera por qué o fixen, pode que buscara unha patria, unha verdadeira patria...

Que tarde comprendín que a miña verdadeira patria estaba entre os teus brazos e os teus cabelos, que estaba na túa mirada, no teu sorriso, en cada recuncho da túa pel e a túa alma...

Non queda se non beber unha derradeira copa, un último trago de amarga melancolía e todo será esquecido...

A túa saude...

2 comentarios:

Nagisha dijo...

Bueeeno, jeje, echandole un vistazo a tu blog, en fin.... entiendo poquillo de lo que por aquí cuentas, ya sabes... ese pequeño detalle de no saber gallego... jeje pero bueno me paso a saludar! . Un saludo :P.

Aunque no se mu bien que dices en el texto,si que puedo comentar ese video, precioso sin duda, una gran peli.Recuerdo cuando andabas diciendome que la viera y ahora soy yo quien se la recomiendo a la gente :P.

Bueno, espero que todo vaya bien, muchos saludos, xao!!! bicos, adeus.

MuddyBoy dijo...

Hola Saray!

Que sorpresa!

Me alegra que te haya gustado el video! En cuanto al texto... No hace falta que te comas el tarro para entenderlo, ya que es el mismo que puse en "The Blues Cinema" solo que en gallego... jijiji

Un bico y espero que todo vaya bien! ;)